Sonrisas Vendo-¿Dónde nos llevan? esgotado

O disco de Josetxo Grieta esgotouse, polo que se quederes escoitalo só queda a posibilidade da descarga ou conseguilo dalgún dos nósos distribuidores.

Novos discos á venda en Taumaturgia

Xa podedes pedir directamente a través da nósa páxina os dous novos títulos de Taumaturgia: Double-entendre de Julien Skrobek e Goat vs Donkey de Radu Malfatti e Taku Unami. Máis información e prezos no nóso catálogo

Próximos lanzamentos e novidades en distribución

Novo ano e novidades taumatúrgicas. Comezamos coa preparación dos nósos próximos lanzamentos, previstos para mediados de febreiro. Serán dous CD-R, o primeiro será Double-entendre de Julien Skrobek e xunto a él Goat vs donkey, gravación do concerto que o pasado 28 de novembro ofreceron Radu Malfatti e Taku Unami na Coruña.

Ademais, hai un grande número de novidades no catálogo de distribución: o triple CD-R 3D que documenta un concerto do saxofonista Seymour Wright xunto a Keith Rowe dende tres puntos de vista, editado por w.m.o/r; as últimas referencias de Free Software Series, que inclúen o disco Dios aborrece una singularidad desnuda de Miguel Prado ademais de discos deJulien Ottavi e Pato entre outros; tamén engadimos o último disco dos Billy Bao, Dialectics of Shit ao catálogo de distribución. O maior número de novidades proveñen da adición de tres novos selos á nosa lista de distribuidos: The Manual (Korea), Étude Records e o recén nacido Appel Music (Francia). Todos estes discos xa se poden pedir a través desta páxina (no catálogo).

Novos discos de Volontè e Josetxo Grieta

Xa están dispoñibles os novos discos de Volontè e Josetxo Grieta, ambos en edición limitada de 100 unidades. Ademais, a partir de agora todos os discos editados por Taumaturgia estarán dispoñibles para descargar en formato ogg de forma gratuíta. Podes encargalos ou descargalos (ou as dúas) a través do nóso catálogo.

Adeus Josetxo

Josetxo Anitua, membro de Josetxo Grieta e Cancer Moon morreu onte.

Gracias por todo Josetxo, descansa en paz.

Novidades de distribución e recorte de prensa

Máis novidades na lista de distribución de Taumaturgia, desta volta son un total de catro novos títulos do selo alemán Absinth:

Todos son edicións limitadas de 500 copias con portadas totalmente artesanais.

Ademais o diario El País adicou un artigo ás actividades de Taumaturgia na súa edición galega do pasado día 24 de marzo. Podes ler o artigo aquí.

Distribución do catálogo de w.m.o/r

Aumenta o número de títulos que distribuimos, xa que temos todas as referencias dispoñibles actualmente dos selos w.m.o/r e Free Software Series de Mattin. Discos de Bruce Russell, Mark Wastell, Mattin, Thomas Korber, Julien Skrobek e moitos máis. Podes consultar toda a información sobre cada referencia no catálogo.

Máis novidades no catálogo de distribución

Continuamos coas novidades en distribución e tamén estas dúas veñen da man de Mattin. A primeira é un dobre CD de "                  " [sic] Goldie "ABJECTOR" [sic] (aka Tim Goldie) batería membro de Deflag Haemorrhaghe / Haien Kontra lanzádose a solo. O segundo título é a segunda referencia do novo selo Free Software Series creado por Mattin para a publicación de traballos realizados empregando únicamente programas libres; trátase de Frutamental de Kakofunk. Información ampliada no nóso catálogo.

Novo punto de venta dos discos de Taumaturgia.

Xa está á venta o disco Vribación de Rafael Mallo na librería do Centro Galego de Arte Contemporátea (CGAC) en Santiago de Compostela.

Concerto en Santiago de Compostela

Miguel Prado e máis Roberto Mallo actuarán o próximo xoves 17 na Galería DF de arte contemporánea en Santiago de Compostela (Rúa de San Pedro 11). O concerto comezará ás 21.00 horas e o prezo da entrada é de 3 €.

Novidades no catálogo

Novos títulos en distribución no catálogo de Taumaturgia. Os dous veñen da man da conexión vasco-berlinesa do agent provocatèur Mattin que nos pasou dúas das súas últimas referencias: o dúo con Taku Unami Attention e o EP dos Billy Bao, Fuck Separation. Ambos están dispoñibles para pedir no catálogo.

Estrea da web

Benvidos á páxina web de Taumaturgia. Aquí podedes encargar os discos editados por nós e tamé os que temos en distribución, limitados polo momento ao catálogo de arto.artian do que tamén formamos parte. O nóso primeiro lanzamento é o primeiro disco a solo do batería Rafael Mallo, para máis información consultade o catálogo. Para calquer comentario ou consulta podedes escribirnos a contacto@taumaturgia.com.

 

Próximos concertos

Miguel Prado
Mattin
Roberto Mallo

Martes 21 de abril ás 20 h

LSO Casa das Atochas
Atocha Alta 14, A Coruña

Novas